martes, 11 de junio de 2013

Contáronmo unhas sabas de liño!

Pola noite...:

()…yo quiero contigo sólo,
solos rozándonos todo, 
sudando, cachondos,
volviéndonos locos()

...e pola mañá:

Cheira a crema hidratante diaria pero ule a sexo "bós-días".
Fánse tostas no forno pero máis quentes están outros.
Cursa pleno inverno frío máis a roupa semella sobrar.
Soan emisoras non eléctricas a capella con interferencias ciudadosamente apropiadas.
Outra xornada a contralerroxo pero sen atascos que importen.
 'Amor eterno' non grita, pero o tal 'nonseiqué' engaiola ata a pedra máis inerte.

E tede en conta que isto contáronmo unhas sabas de liño, xa sabedes, cada unha das dúas pezas de tea, de forma [...] que se colocan sobre o colchón para deitarse entre elas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario