Hoxe son escritora, filósofa e directora de cine,
unha boa combinación non creedes?
Escribo porque gusto delo, expoño as miñas propias teses e inda por riba plasmo palabra por palabra creando pequenos fotogramas congruenciados.
Poderíame considerar unha morfo-artista, mais estou farta ignorante e carente de arte.
Isto son destellos, pequenas gotas de auga derretíndose matutinamente, leves arroutadas amorosas; escasos, pero fanme sorrir cunha sorrisa tan sorrinte que paso ao estrecemente repentino chegando a comprobar as miñas tolerías. Esas que quizáis entendades e interpretedes cada vez máis trastocadas, máis do 80% do cerebro ca do 30%, ese do que os morfo-artistas preferimos non alardear e os artistas levan vestimentado de pés a cabeza.
Tambores para adornar a película (tum pa, pa tum ta ta pum); mellor. ¿Máis importante?. Non, máis sonoro.
Ondas sentimentais, con poder de non convecer, non de ser veraces, de ser propias, de ser obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario